Ruta Os Pasos

Para chegar a este destino, atravesamos gran parte das parroquias do noso concello e incluso chegamos a cruzar fronteiras para enriquecernos das grandes paisaxes que nos achega a área recreativa de Os Pasos de Aiazo, no concello de Frades. Este nome, levao polo simple feito de que Os Pasos foi un dos primeiros sistemas que utilizou o home para poder cruzar os ríos a modo de ponte, sen a necesidade de mollarse. A zona está moi ben acondicionada, con parques, bar, aseos, unha zona idílica para entretirse un día rodeado de natureza, ademais de que dende alí podense facer varias rutas de sendeirismo ao carón do río Tambre. Nesta área recreativa celébrase unha festa de campo moi famosa, que cita a xente de moitas partes de Galicia. Esta é a Festa da Merenda. Para chegar a este destino, pasamos preto e por suposto é parada obrigada na igrexa de San Xulián de Lardeiros, coñecida como a Catedral da Montaña. Recibe este nome debido ás súas grandes dimensións e ao seu estilo barroco, e conta cunha prata de cruz latina.

Abrir chat
1
Camiño ATV
Hola, 🏞️ ¿te vienes de ruta?