Ruta Brandelos

Para chegar á área recreativa de Brandelos, na parroquia de Prevediños, pasamos por unha das zonas máis gandeiras de Galicia, Bama, unha parroquia do concello veciño de Touro. Conta con varias gandeirías de leite que quedaran o noso paso, ademais da famosa queixería. Segundo transcurre o camiño, pasamos dunha zona de labradio, con grande carga gandeira, e imónonos integrando nun entorno máis arborado cunha tranquilidade máis notable, ademais do fermoso son da auga que provoca o río Brandelos no seu paso. A zona é coñecida por ser o lugar onde nace unha fonte de augas mineiro medicinais sulfuradas, que se usan en bebidas como remedio a algunhas enfermidades dixestivas. Tamén se usan para o baño en enfermidades da pel. Unha vez rematamos de apreciar as vistas que nos regala esta paisaxe, que está bañada polo afluente do río Ulla, collémos rumbo ao miradoiro do Picon, desde onde se aprecian unhas preciosas vistas.

Abrir chat
1
Camiño ATV
Hola, 🏞️ ¿te vienes de ruta?